Saltar ao contido

Yang Liwei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYang Liwei

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 杨利伟 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Suizhong County, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Tsinghua
PLA Air Force Aviation University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta, piloto de guerra Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarShao Jiang (en) Traducir
major-general (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo21 horas e 22 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Premios

Yang Liwei ou Iang Liwei, nado en Suizhong o 21 de xuño de 1965, é un astronauta chinés retirado que formou parte da misión Shenzhou 5, converténdose no primeiro astronauta da China.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Yang Liwei entrou no Exército Popular de Liberación en 1983, graduándose en 1987 na Facultade de Aviación número 8 do Exército Popular. Levaba acumuladas 1350 horas de voo como piloto de combate cando foi seleccionado como candidato na primeira promoción de astronautas da China en xaneiro de 1998. Tras cinco anos de adestramento foi elixido como un dos tres candidatos finais a voar na misión Shenzhou 5, a primeira misión tripulada lanzada pola China. Liwei acabou facendo un voo de 21 horas e 23 minutos na cápsula espacial, volvendo a terra sen problemas.[1][2]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Yang Liwei" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 China.org (ed.). "Yang Liwei: China's first astronaut" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]